Presentación da I Carreira Greenpower de Galicia organizada en Ferrol pola EPEF

Os xardíns do Campus Industrial de Ferrol acolle este martes 4 de xuño, ás 13:00 horas, a presentación da I Carreira Greenpower de Galicia que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

A carreira realizarase, baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport, o vindeiro sábado 8 de xuño, de 10.00 a 18.00 horas, no circuíto de karting pontés.

Está prevista a asistencia da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; o alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; o representante de Greenpower Iberia en Galicia, Santiago Covelo; o integrante do equipo directivo da Escudaría As Pontes Motorsport, Marco López, e o coordinador do proxecto Greenpower na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Manuel Amado.

Nas probas de Greenpower Iberia, organizadas por entidades colaboradoras en Valencia, Cartaxena, Navarra ou no País Vasco, o equipo gañador é aquel que consigue percorrer máis quilómetros co seu vehículo eléctrico sen que se lle esgote a batería.  Deste xeito, non gaña o máis rápido senón aquel que conduce do xeito máis eficiente e sustentable posible.

GP Bilbao

A nivel internacional, empresas como Siemens, Renishaw, Cummins, Jaguar, LandRover, Bentley e Perkins teñen participado neste proxecto para motivar aos profesionais do futuro.

Integran esta rede internacional máis de 30.000 estudantes que forman arredor de 2.500 equipos e que participan en preto de 80 carreiras rexionais, nacionais e internacionais nas categorías Goblin (de 9 a 11 anos), Fórmula 24 (de 11 a 16 anos) e Fórmula 24+ (de 16 a 25 anos) en países como EE.UU., Reino Unido, China, India, Singapur, Malasia, Polonia, Portugal ou España.

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …