A liña de axudas PEL-Emprende para investimentos da Deputación da Coruña destina este ano 3.954.376 euros para apoiar a 427 pequenas empresas e profesionais autónomos da provincia na realización de investimentos vinculados ao desenvolvemento dos seus negocios.
A concesión das axudas publícase hoxe luns, 3 de xuño, no Boletín Oficial da Provincia e supón un importante apoio económico – de entre 2.450 e 17.500 euros- para 427 microempresas, pemes e autónomos con sede en concellos rurais (de menos de 10.000 habitantes) coas que poderán adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria ou equipos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou que “os investimentos desta liña do PEL contribúen a consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e dando un apoio fundamental para as persoas emprendedoras que apostan por crear un negocio, especialmente nos concellos máis pequenos da provincia”.
Axudas fundamentais para impulsar o emprego no rural
Formoso destacou que “unha das liñas estratéxicas da acción política da Deputación da Coruña neste mandato é a creación de emprego e actividade económica no rural, un aspecto fundamental se queremos fixar poboación e apostar por un rural vivo e con futuro”, afirmou o presidente, que destacou a “elevada demanda” coa que conta esta liña de axudas do PEL, o que obrigou a incrementar o orzamento do mesmo nun 43%, pasado dos 2,7 millóns orzamentados inicialmente a preto de 4 millóns de euros, “co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes”.
Ademáis, o presidente lembrou que esta liña complementa a outros programas da Deputación como PEL-PEMES e PEL-Concellos, que este ano crearon xa 737 empregos tanto nos concellos como nas pequenas empresas da provincia.
As axudas PEL-Emprende Investimento cubren ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe máximo de 17.500 euros. Todos os investimentos deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.
Do total de entidades beneficiarias, o 79,86% son profesionais autónomos, con 341 solicitudes concedidas e un 87,35% das solicitudes concedidas pertencen a sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (frente ao 31,36% do ano 2023), dos cales 195 adícanse á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca.
Tamén cabe destacar que o 100% das empresas que reciben este ano as axudas de PEL-Emprende, non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior e só un 3,14% foron beneficiarias algún outro ano. Cos criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras o organismo provincial evidencia o esforzo por diversificar o apoio a novas empresas cada ano.
No referente á distribución das axudas por concellos onde se localiza o domicilio fiscal das empresas, cabe destacar que a meirande parte proveñen de Mazaricos con 39 concesións, acadando así o 12,64% do orzamento total (498.435,12 €), seguidas dos concellos de Fisterra e Val do Dubra en número de concesións, con 23 e 22 respectivamente.
Entre os tres concellos supoñen preto do 20% das solicitudes concedidas. Sen embargo, no referente a distribución do orzamento por concellos, o concello de Mazaricos segue sendo o que acadou a maior parte do mesmo, pero o segundo máis beneficiado pasa a ser o concello da Baña con 17 concesións pero cun importe que ascende a 219.477,49 € seguido do de Fisterra que as 23 concesións alcanzan un importe de 138.662,95 €.
En relación co anterior tamén cabe resaltar que 174 beneficiarios teñen o seu domicilio fiscal en concellos de 2.001 a 4.000 habitantes (o que representa o 40,75% do total) e 122 dos beneficiarios teñen o domicilio fiscal nun concello con poboación de 5.001 a 10.000 habitantes (o que representa o 28,57 % do total).
O dato mostra un maior avance nas concesións a municipios máis pequenos respecto doutros anos, comparándoo coa concesión do 2023, os máis favorecidos ese ano foron os municipios de entre 5.001 a 10.000 habitantes (cun 38% das concesións) quedando este ano en segundo lugar en prol dos municipios máis pequenos.
Estes datos mostran que os criterios establecidos na convocatoria son efectivos á hora de favorecer ás persoas autónomas, así como aos concellos máis rurais da provincia, cun 100% dos beneficiarios en concellos de menos de 10.000 habitantes e máis da metade das concesións en concellos de menos de 4.000 habitantes (57,37%).
Dsitribución das axudas por comarcas
Atendendo á distribución por comarcas, a de Santiago, é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas con 151, o que supón 1.542.825,86 € en axudas, seguida da comarca de Bergatiños-Costa da Morte, cun total de 100 e un importe concedido de 735.740,05 €. Entre ambas comarcas concéntranse o 58,78% das solicitudes concedidas.
A estas comarcas séguenlles a de Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 70 solicitudes concedidas por importe de 522.228,25 € e a de Barbanza con 67 concesións, pero cun importe concedido maior que ascende a 718.430,19 €. As restantes, pertencen á comarca de Coruña- Betanzos, con 39 solicitudes concedidas e un montante en axudas de 422.846,34 €.
Este programa de axudas non só proporciona un impulso financeiro necesario, senón que tamén fomenta a modernización e competitividade das microempresas e autónomos na provincia. Cun respaldo sólido e un enfoque estratéxico, a Deputación dá Coruña reafirma o seu compromiso co desenvolvemento económico local e o apoio ao emprendemento.
Pode consultar a listaxe completa das solicitudes concedidas na seguinte ligazón ao BOP:
https://bop.dacoruna.gal/
Táboa de distribución da concesión por comarcas e Concellos:
Concello |
N.º |
% concedidas G. comarca |
Importe solicitado |
Importe concedido |
|
---|---|---|---|---|---|
BARBANZA |
CARNOTA |
14 |
3,28 % |
111.408,24 € |
111.408,24 € |
LOUSAME |
4 |
0,94 % |
40.827,91 € |
40.827,91 € |
|
MAZARICOS |
39 |
9,13 % |
542.155,60 € |
498.435,12 € |
|
MUROS |
2 |
0,47 % |
20.099,80 € |
20.099,80 € |
|
OUTES |
3 |
0,70 % |
11.154,82 € |
11.154,82 € |
|
POBRA DO CARAMIÑAL, A |
1 |
0,23 % |
17.268,30 € |
17.268,30 € |
|
PORTO DO SON |
4 |
0,94 % |
19.236,00 € |
19.236,00 € |
|
BARBANZA Resultado |
67 |
15,69 % |
762.150,67 € |
718.430,19 € |
|
CARBALLO |
CABANA DE BERGANTIÑOS |
6 |
1,41 % |
62.376,59 € |
61.416,59 € |
CAMARIÑAS |
3 |
0,70 % |
19.092,50 € |
19.092,50 € |
|
CEE |
6 |
1,41 % |
49.307,59 € |
49.307,59 € |
|
CORCUBIÓN |
9 |
2,11 % |
46.687,70 € |
46.687,70 € |
|
CORISTANCO |
1 |
0,23 % |
16.999,00 € |
16.999,00 € |
|
DUMBRÍA |
12 |
2,81 % |
100.362,95 € |
100.362,95 € |
|
FISTERRA |
23 |
5,39 % |
138.662,95 € |
138.662,95 € |
|
LAXE |
9 |
2,11 % |
52.514,43 € |
52.514,43 € |
|
MALPICA DE BERGANTIÑOS |
2 |
0,47 % |
7.489,70 € |
7.489,70 € |
|
MUXÍA |
9 |
2,11 % |
64.041,95 € |
64.041,95 € |
|
PONTECESO |
11 |
2,58 % |
86.993,59 € |
86.993,59 € |
|
VIMIANZO |
4 |
0,94 % |
19.206,60 € |
19.206,60 € |
|
ZAS |
5 |
1,17 % |
72.964,50 € |
72.964,50 € |
|
CARBALLO Resultado |
100 |
23,42 % |
736.700,05 € |
735.740,05 € |
|
CORUÑA |
ARANGA |
6 |
1,41 % |
43.713,09 € |
43.713,09 € |
CARRAL |
2 |
0,47 % |
20.429,85 € |
20.429,85 € |
|
COIRÓS |
5 |
1,17 % |
53.546,35 € |
53.546,35 € |
|
CURTIS |
6 |
1,41 % |
47.084,76 € |
47.084,76 € |
|
IRIXOA |
1 |
0,23 % |
15.750,00 € |
15.750,00 € |
|
MESÍA |
1 |
0,23 % |
17.500,00 € |
17.500,00 € |
|
MIÑO |
1 |
0,23 % |
5.789,00 € |
5.789,00 € |
|
OZA-CESURAS |
1 |
0,23 % |
6.823,21 € |
6.823,21 € |
|
PADERNE |
2 |
0,47 % |
28.000,00 € |
28.000,00 € |
|
SOBRADO |
11 |
2,58 % |
157.260,08 € |
147.260,08 € |
|
VILASANTAR |
3 |
0,70 % |
36.950,00 € |
36.950,00 € |
|
CORUÑA Resultado |
39 |
9,13 % |
432.846,34 € |
422.846,34 € |
|
FERROL |
ARES |
1 |
0,23 % |
14.215,39 € |
14.215,39 € |
CABANAS |
6 |
1,41 % |
52.764,87 € |
52.764,87 € |
|
CAPELA, A |
3 |
0,70 % |
26.342,13 € |
26.342,13 € |
|
CARIÑO |
6 |
1,41 % |
57.690,36 € |
57.690,36 € |
|
CEDEIRA |
9 |
2,11 % |
62.350,35 € |
62.350,35 € |
|
CERDIDO |
7 |
1,64 % |
60.192,89 € |
60.192,89 € |
|
MAÑÓN |
2 |
0,47 % |
5.194,00 € |
5.194,00 € |
|
MOECHE |
6 |
1,41 % |
38.271,77 € |
38.271,77 € |
|
MONFERO |
4 |
0,94 % |
24.280,24 € |
24.280,24 € |
|
ORTIGUEIRA |
7 |
1,64 % |
55.143,27 € |
51.143,27 € |
|
PONTEDEUME |
5 |
1,17 % |
34.709,70 € |
34.709,70 € |
|
PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS |
2 |
0,47 % |
13.126,26 € |
13.126,26 € |
|
SAN SADURNIÑO |
5 |
1,17 % |
22.924,53 € |
22.924,53 € |
|
SOMOZAS, AS |
4 |
0,94 % |
30.382,86 € |
30.382,86 € |
|
VALDOVIÑO |
2 |
0,47 % |
14.062,13 € |
14.062,13 € |
|
VILARMAIOR |
1 |
0,23 % |
14.577,50 € |
14.577,50 € |
|
FERROL Resultado |
70 |
16,39 % |
526.228,25 € |
522.228,25 € |
|
SANTIAGO |
ARZÚA |
10 |
2,34 % |
100.847,41 € |
100.847,41 € |
BAÑA, A |
17 |
3,98 % |
224.344,89 € |
219.477,49 € |
|
BOIMORTO |
4 |
0,94 % |
35.675,32 € |
35.675,32 € |
|
BOQUEIXÓN |
5 |
1,17 % |
69.899,68 € |
63.524,68 € |
|
BRIÓN |
5 |
1,17 % |
71.475,17 € |
71.475,17 € |
|
DODRO |
3 |
0,70 % |
28.967,70 € |
28.967,70 € |
|
FRADES |
8 |
1,87 % |
94.501,80 € |
94.501,80 € |
|
MELIDE |
5 |
1,17 % |
45.402,00 € |
45.402,00 € |
|
NEGREIRA |
5 |
1,17 % |
50.663,66 € |
50.663,66 € |
|
OROSO |
8 |
1,87 % |
48.142,98 € |
48.142,98 € |
|
PADRÓN |
2 |
0,47 % |
16.940,04 € |
16.940,04 € |
|
PINO, O |
2 |
0,47 % |
12.005,00 € |
12.005,00 € |
|
ROIS |
4 |
0,94 % |
32.305,70 € |
32.305,70 € |
|
SANTA COMBA |
17 |
3,98 % |
178.391,00 € |
177.891,00 € |
|
SANTISO |
3 |
0,70 % |
29.313,20 € |
26.734,21 € |
|
TOQUES |
2 |
0,47 % |
10.413,18 € |
10.413,18 € |
|
TORDOIA |
6 |
1,41 % |
64.221,45 € |
63.721,45 € |
|
TOURO |
8 |
1,87 % |
112.836,35 € |
102.086,35 € |
|
TRAZO |
10 |
2,34 % |
87.568,15 € |
87.568,15 € |
|
VAL DO DUBRA |
22 |
5,15 % |
203.923,09 € |
203.923,09 € |
|
VEDRA |
5 |
1,17 % |
50.559,48 € |
50.559,48 € |
|
SANTIAGO Resultado |
151 |
35,36 % |
1.568.397,25 € |
1.542.825,86 € |
|
Total Resultado |
427 |
100,00 % |
4.026.322,56 € |
3.942.070,69 € |