San Sadurniño abre a solicitude do campamento de conciliación Aldea de Verán

A Aldea de Verán é un recurso socioeducativo ofrecido polo Concello de San Sadurniño co que se pretende facilitarlles ás familias con rapazada de 3 a 12 anos unha opción máis de conciliar a vida laboral coa atención dos nenos durante as vacacións estivais.

A diferenza de anteriores edicións, desta vez só haberá un prazo de solicitude para xullo, para agosto ou para ambos meses, que estará aberto desde as 9:00 horas de este lunes até as 14:30 horas do día 14 de xuño.

O trámite pode facerse a través da Sede Electrónica ou presencialmente. As persoas que vaian presentar as solicitudes doutras familias deberán achegar a folla de representación correspondente, ademais de copia dos DNIs das persoas interesadas. 

O programa do departamento de Igualdade  busca ofrecerlle á rapazada xa escolarizada de entre 3 e 12 anos un espazo de lecer e educación durante as vacacións do verán, ao tempo que lles axuda ás familias a combinar traballo e coidado dos nenos neses dous meses en que están na casa. 

Para a edición deste ano hai 35 prazas dispoñibles, que se irán cubrindo por orde de solicitude dándolle prioridade ás familias empadroadas no concello. Se hai vacantes cubriranse con familias nas que algún dos seus membros teña vinculación laboral con San Sadurniño e, en último caso, con pequenos e pequenas doutros municipios, con preferencia para quen estea estudando no CPI de San Sadurniño.

O horario global é de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres dividido en dúas quendas: unha de 8:00 a 15:00 horas, con 10 prazas dispoñibles, e outra con entrada a partir das 9:00 horas e remate igualmente ás 15:00 horas. En función do horario de entrada na actividade e do número de membros dunha mesma familia que se queiran inscribir, os prezos do servizo serán os seguintes:

  Horario de 8:00 a 15:00h Horario de 9:00 a 15:00h
1º Membro da unidade familiar 110€ 80€
2º Membro da unidade familiar 75€ 50€
3º Membro da unidade familiar 45€ 30€

Como novidade, con carácter xeral tanto para familias de San Sadurniño como para as de fóra do municipio, o pagamento da matrícula deberá efectuarse unha vez que o Concello confirme a obtención de praza para o servizo. Debe terse en conta, unha vez máis, que a adxudicación se fará por orde de inscrición e dándolle prioridade ás familias que soliciten a entrada ás 8:00h.

O prazo xeral de solicitude para o servizo permanecerá aberto desde as 9:00 horas do día 3 de xuño ata as 14:30 horas do día 14 de xuño, período no que as familias poderán achegar a petición para xullo, para agosto ou para os dous meses. Se pasado este prazo quedasen prazas vacantes para o mes de agosto, volverase abrir un novo período de solicitude do 1 ao 12 de xullo.

Quen queira obter máis información sobre o programa pode dirixirse aos servizos de Igualdade do Concello de San Sadurniño ou chamar ao 981 490 027.

A folla de solicitude -que como novidade incorpora tamén  o resto da documentación requirida (cuestionario médico, dni e autorización)- pode presentarse no rexistro municipal de forma presencial ou ben a través da Sede Electrónica, onde tamén figuran todos os impresos para a súa tramitación en liña ou para descarga.

Ficha de inscrición e outra documentación
Autorización de representación (só se se presenta a solicitude en nome doutras persoas).

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …