Ferreiro reuniuse en Narón con persoal do Ministerio de Vivenda para abordar a Axenda Urbana

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu no Consistorio unha reunión técnica, de carácter telemático, na que se abordou a Axenda Urbana de Narón.

Na convocatoria profundizouse na metodoloxía que propón a Axenda Urbana Española. No encontro participaron tamén os edis de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, e Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos; persoal técnico municipal e representantes da Secretaría Xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana: a subdirectora Xeral de Políticas Urbanas, Sonia Hernández e a técnica Sonsoles González.

A Axenda Urbana 2030 establece unhas liñas estratéxicas de traballo a executar dende o Concello e que se concretarán no Plan de Acción Local. No proceso traballouse conxuntamente co ámbito político, técnico e tamén cos axentes económicos e sociais da localidade, así como realizando unha consulta cidadá. As actuacións deben ter entre os seus obxectivos a mellora da dimensión física e ambiental, a da económica e a competitividade e a dimensión social do territorio.

No marco da Axenda Urbana Española, os concellos terán máis posibilidades para obter financiamento europeo a través do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027 nos vindeiros anos para materializar as propostas que se plantexen. Ordenar o solo dun xeito compatible co entorno, mellorar o patrimonio natural e cultural, as infraestruturas verdes… enmárcanse nos obxectivos da Axenda Urbana Española que se deben acadar a través da Axenda 2030.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou «a importancia de que a cidade conte cunha Axenda Urbana que permita definir as liñas de traballo que se priorizarán de cara aos vindeiros anos e que consolidarán o futuro de Narón nun marco global».

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …