Narón organiza un festival de música co Peque Coro Solidarium e o Coro da Capo

O Coro da Capo e o Peque Coro Solidarium do Concello de Narón actuarán este sábado 1 no Centro Cívico Social de Pedroso

Así o anunciou a concelleira de Política Social, María Lorenzo, informando que a convocatoria dará comezo ás 17:30 horas e estará aberta á asistencia da cidadanía en xeral. O Concello de Narón organiza o acto, no que os menores que integran estas dúas formacións, interpretarán varios temas para o público asistente.

O Peque Coro está integrado por menores de 6 a 15 anos e o Coro da Capo para mocidade de entre 16 e 35 anos, moitos deles de Narón aínda que tamén hai varios rapaces doutros concellos da comarca. Cristina Teijeiro, Olga Vigo e Graciela Galdo son as tres persoas que dirixen os coros municipais.

Lea también

Intervención dos bombeiros de Narón por un vehículo ardendo

Os bombeiros de Narón realizaron na tarde de onte mércores unha intervención na rúa Somozas, …