Finalizadas as obras nos camiños rurais de As Pontes en Terbá e Pena do Curro

Déronse por concluídas en As Pontes as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Pena do Curro, un proxecto cun orzamento de 55.981 euros con cargo aos Fondos AGADER.

Foto Concello As Pontes

Ambas actuacións tiveron como obxectivo mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación deste camiños  a través da rehabilitación dos mesmos para dotalos dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos realizados incluíuse o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a  limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía os viarios. Reparáronse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedra e unha rega asfáltico, saturado e compactado.

Así mesmo, as zonas lixeiramente deformadas regularizáronse mediante formigón bituminoso.

Ademais, procedeuse ao fresado do firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado realizouse mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodaxe formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. As obras remataron coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …