Inscrición aberta en Neda no taller de escritura artística con versos de Luísa Villalta

O Concello de Neda organiza este sábado 18, no marco da súa programación con motivo do Día das Letras Galegas, un obradoiro infantil de escritura artística a partir de textos de Luísa Villalta, a autora homenaxeada pola Real Academia Galega o 17 de maio.

Está aberto o prazo para inscribirse.

A iniciativa de Velaísca proxectos educativos chegará á biblioteca municipal nedense a partir das 11.30 horas. E nela os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que o desexen poderán deixar voar a imaxinación e divertirse dando cor e forma aos versos da autora coruñesa.

O obradoiro creativo, que explora nas posibilidades do lettering, é dicir, a arte de debuxar letras orixinais e artísticas para crear palabras ou frases, haberá que anotarse na propia biblioteca, ou chamando ao teléfono 981390233.

A programación especial con motivo do Día das Letras incluirá ademais unha mostra bibliográfica na biblioteca sobre as seis autoras ás que se rendeu tributo dende a instauración desa xornada e a proxección este xoves do filme documental “O auto das ánimas”.

Lea también

El Festival Internacional de Entes Animados se despide de Neda con el espectáculo “Alex Barti show”

El VIII Festival Internacional Entes Animados vuelve en su última semana a Neda.  La Casa …