Terceira edición das “21 Leguas de Narón”

As personas que desexen participar no evento deportivo “21 Leguas de Narón” poderán inscribirse a partir deste venres 3 a través da páxina web: www.emesports.es e en 21Leguas.es

O Concello de Narón organiza un ano máis esta convocatoria en colaboración co Club Deportivo Narón 101.

A proba, que se celebrará o vindeiro 28 de setembro, reúne cada ano a un milleiro de participantes, consistirá nun percorrido de 101 quilómetros que se pode realizar camiñando, correndo ou en bicicleta de montaña e cuxo trazado discurrirá polos termos municipais de Narón, Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que na modalidade de marchadores individual e por equipos haberá un tempo máximo de 24 horas para realizar os 101 quilómetros; que no de MTB individual se reducirá a 12 horas e na modalidade Ebike individual tamén a 12 horas.

Santalla explicou que a carreira terá a saída e meta no paseo marítimo de Xuvia, ao igual que as anteriores edicións, e indicou tamén que actualmente se están ultimando os tramos polos que discurrirá a proba.

As 21 Leguas é unha proba de superación persoal que ofrece aos participantes a posibilidade de coñecer tamén o patrimonio histórico, cultural e natural desta comarca.

O prezo das inscricións é de 60 euros por participante para as persoas que as tramiten ata o 30 de xuño e despois, ata o 31 de xullo, será de 75 euros por persoa, tal e como avanzou o edil naronés.

Á colaboración dos consistorios polos que discurre o trazado sumarase tamén o doutras administracións e organimos, así como empresas patrocinadoras do evento e da propia Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Lea también

Las Diócesis gallegas presentan en Santiago la Memoria de Actividades de la Iglesia en Galicia

Este martes ha sido presentada en Santiago de Compostela la Memoria de Actividades de la …