O Campus Industrial de Ferrol acolle o Campamento Tecnolóxico de Verán “Volemos!”

O Campus Industrial de Ferrol acolle, ao longo última semana do mes de xuño, o Campamento Tecnolóxico de Verán Volemos!, unha proposta lúdico-formativa dirixida á rapazada de entre seis e 16 anos que organiza, por segundo ano consecutivo, o Campus Industrial da Universidade da Coruña.

Coa axuda e baixo a supervisión do profesorado e alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), a cativada mergullarase en diferentes aspectos da enxeñaría, aprendendo desde os conceptos básicos ata as teorías máis avanzadas en campos como os da impresión 3D, o modelado 3D ou a da programación.

Os obradoiros desenvolveranse entre o 24 e o 28 de xuño de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Existe a posibilidade de participar na modalidade “Madrugadores”, de 08:00 a 15:00 horas, na que se inclúe a maiores un servizo de comedor.

A tarifa xeral é de 119 euros por semana completa. O prezo para as persoas integrantes da comunidade universitaria é de 99 euros. Aquelas persoas que se anoten ao servizo de madrugadores terán que abonar a maiores 15 euros polo almorzo semanal e/ou 35 euros polo xantar semanal, segundo desexen.

Tamén se ofrece un desconto do 50% a partires do segundo neno inscrito pertencente á mesma unidade familiar. O prazo para formalizar a inscrición comeza mañá, mércores 1 de maio. Ofértanse un total de 60 prazas.

Máis información e inscricións en Campamento Tecnolóxico de Verán Volemos! en

 https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1933&idioma=GA

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …