Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 e 29 deste mes e o 6 de maio se levarán a cabo nas tres escolas infantís municipais, da Solaina, A Gándara e Piñeiros, unhas charlas dirixidas a familias con fillos escolarizados nestes centros.

A primeira charla será na escola infantil municipal da Solaina, o día 29 na de Piñeiros e o 6 de maio na da Gándara, nos tres casos dando comezo ás 16:30 horas.

As familias recibirán información sobre as liñas xerais da etapa evolutiva, de 0 a 3 anos; a crianza positiva con límites; o apego seguro e a autoestima e o papel da familia e a escola nese período.

A concelleira naronesa explicou que se trata de charlas gratuítas, recalcando que para asistir é preciso inscribirse previamente nas escolas infantís municipais.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …