A Biblioteca de Narón abre inscrición na actividade multidisciplinar «Debatemos?»

A Biblioteca municipal de Narón abre este martes 9 o prazo de inscrición na actividade Debatemos?, unha proposta multidisciplinar para nenos a partir de 5 anos que se levará a cabo este sábado 13  ás 11:00 horas nas citadas instalacións municipais.

A concelleira responsable desta área, Olga Ameneiro, recordou que as reservas se poden realizar de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

Durante a actividade leranse varios contos seleccionados e motivarase aos menores á reflexión a través dun debate por equipos. A actividade representará unha oportunidade única para estimular o pensamento crítico e a imaxinación entre os nenos mentres se divirten e aprenden.

A filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos, como o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación. A edil naronesa explicou que co obxectivo de promover e potenciar esas capacidades se desenvolverá esta actividademultidisciplinar, á que animou a inscribirse ós nenos da cidade.

Lea también

Narón acollerá ‘Entreterras’, o novo directo de SonDeSeu

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *