Ares acolle a charla divulgativa “Adultos maiores: como activarnos?”

A penúltima charla divulgativa da academia AresXSalud que promove o Concello  de Ares chega este venres, 12 de abril, ás 19:00 horas ao salón de actos da Alianza Aresana, baixo o nome “Adultos maiores: como activarnos?”.

Desta volta, trátase dunha ponencia dirixida ás persoas adultas en xeral e que fará un percorrido polo estado da sociedade tras a covid-19, amais de afondar en como podemos superar a fraxilidade e os problemas dentro da rutina.

Durante unhas horas, reflexionarase sobre o contexto de vida contemporáneo e, tamén, sobre as decisións que podemos tomar para mellorar a nosa calidade de vida, apoderándonos e aplicando un cambio de enfoque na perspectiva que mantemos da cotiandade. O obxectivo último da ponencia: apoderar aos adultos maiores na súa toma de decisións.

O educador físico e psicólogo Jose Antonio Barcia Tucceli, especializado en psicoloxía do Deporte, conducirá a sesión enteira, que ten entrada libre até completar o aforo do salón de actos.

Lea también

Victoria para Hugo Carvalho en la primera de las pruebas grandes de Equiocio Ferrol 2025

El portugués Hugo Carvalho, dos veces ganador en Equiocio Ferrol, vencía, a lomos de “Nau …