Rivas recibe a Miguel Cárcaba, novo delegado da Axencia Tributaria de Galicia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, recibiu na Subdelegación ao novo delegado especial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia,  Miguel Cárcaba Menéndez.

María Rivas aproveitou o encontro para felicitar a Miguel Cárcaba polo seu nomeamento e desexarlle sorte nesta nova etapa profesional.  Tamén lle ofreceu a súa colaboración para garantir unha xestión eficaz  e eficiente dos asuntos relacionados coa administración tributaria na  provincia da Coruña e en Galicia.

Miguel Cárdaba, nado en 1984 en Oviedo, ingresou como subinspector  na Axencia Tributaria en 2010 e ascendeu a inspector en 2017. Ocupou  distintos postos en Palma de Mallorca, Barcelona e Cantabria. Ata o  seu nomeamento en Galicia ocupaba o cargo de delegado especial da AEAT  nesta última comunidade.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …