O BNG de Ferrol homenaxea a Carvalho Calero

O Bloque Nacionalista Galego lembrará ao profesor Ricardo Carvalho Calero cun acto e unha ofrenda floral diante da súa casa natal este sábado 23 de marzo, ás 11:00 horas.

Este acto contará coa intervención do portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, e faise para conmemorar os 34 anos do  pasamento de Ricardo carvalho Calero (25 de marzo de 1990).

Desde o BNG de Ferrol con este acto pretende «lembrar e reivindicar a figura e o pensamento de Carvalho Calero e servirá para demandar, unha vez máis a declaración da casa natal e das parcelas que forman parte deste proxecto de rehabilitación como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER), unha medida que permitiría desenvolver o proxecto de recuperación deste inmoble co obxecto de convertilo nun centro de referencia da historia, da cultura e da lingua na nosa cidade e que sirva, así mesmo, de lugar de encontro para o barrio».

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …