Cerdido celebra 30 anos de historia coa tradicional Feira do Cabalo da Barqueira

Cerdido celebra o domingo 7 de abril, a súa Feira do Cabalo, que cumpre este ano 30 anos de historia.

As persoas afeccionadas ao mundo ecuestre poderán gozar un ano máis desta cita na localidade de Cerdido. A partir das 15:30 horas, terá lugar o concurso de andadura galega tradicional, que conta cun total de catro categorías nas que se elixirán tres gañadores: Serrada -1.5, Chapeada – 1.5, Serrada + 1.5 e Chapeada +1.5. Ademais, tamén se recoñecerá ao mellor poldro menor de 2 anos e ao mellor semental.

Estes recoñecementos corren a cargo dos colaboradores do evento, os locais hostaleiros do municipio: Casa Ignacio, Casa Viuda, Rincón de Tania, Bar Elvis e Mesón Froallo.

O Concello de Cerdido outorgará o trofeo á amazona ou cabaleiro máis novo e ao máis maior, destacando a continuidade desta tradición a través das diferentes xeracións e a relevancia desta na localidade.

Será obrigatorio o uso de casco e os xinetes deben estar asegurados e inscritos na proba antes das 15:00 horas para poder participar.

Haberá churrasco baixo reserva para as persoas que o desexen, que deberán poñerse en contacto co 689 833 210.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, salientou a importancia de “recuperar unha das feiras con máis tradición que se celebraban neste Concello, atraendo xente de toda a comarca”.

O rexedor destacou a súa vontade de “retomar algunha feira monográfica durante o ano como poden ser as dedicadas á castaña, ao mel, ou os freixós; que son unha forma de dinamizar a nosa cultura e dar a coñecer os nosos costumes e produtos”.

Lea también

La Casa de la Cultura de Neda acoge una charla sobre los servicios online de la Administración

La charla informativa “La administración cerca de ti”, prevista inicialmente en la Casa de las …