A Deputación da Coruña inviste na adquisición de vehículos para uso deportivo

A Deputación da Coruña inviste 125.000 euros na adquisición de furgonetas para cinco clubs de remo piragüismo e vela da provincia. O organismo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións a clubs de remo, vela, piragüismo e salvamento e socorrismo para a adquisición de vehículos para uso deportivo.

Visita do deputado Antonio Leira ós club do Mar de Mugardos

Os clubs beneficiarios nesta convocatoria son o Club Alamar de Sada, o Club de Regatas Perillo de Oleiros, o Club de Remo de Ares, o Club do Mar de Mugardos e o Club Marítimo O Puntal de Oza (A Coruña).

Cada unha destas entidades recibirá unha achega económica de 25.000 €, que supón o 80% do prezo de adquisición dos vehículos, imprescindibles para a súa actividade deportiva.

Visita do deputado Antonio Leira ó club Alamar de Sada

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, afirmou que con esta liña de axudas, a área de Deportes da institución provincial pretende apoiar aos clubs de deportes naúticos de longa tradición na provincia e axudalos a manter a súa actividade, que require o transporte de material, embarcacións e persoas tanto para os adestramentos como para a participación en competicións.

Lea también

José Antonio Castro conquista el bronce para el Sport Fight de Ferrol en el Mundial AJP de Abu Dabi

El deportista ferrolano ganó dos de sus tres combates pese a las molestias en el …