A sede ferrolá da Asociación Española Contra o Cancro acolleu a presentación de ‘2º Ultreia. 5 etapas do Camiño Inglés 2024’ dirixido a paciente oncolóxicos e familiares, e promovido pola Asociación en colaboración coa Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (APFSC), a Armada Española, Protección Civil e os concellos polos que discorrerá o camiño (Ferrol, Neda, Pontedeume, Miño, Betanzos, Abegondo, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela).
O programa foi presentado pola presidenta da Xunta Local de Ferrol, Isabel Estevan, quen agradeceu a tódolos organismos implicados a súa colaboración. “Es un camino para todas las personas que quieran formar parte de esta experiencia, con un total de 200 prazas para toda la provincia, desde cualquier de nuestras 45 Juntas Locales” sinalou. “También queremos que este camino sirva para promover la deshabituación tabáquica”, engadiu
Estevan.
Acompañándoa estivo a vicepresidenta da Xunta Local de Ferrol, Mabel Sanesteban, que foi a encargada de explicar o sistema de inscricións dos participantes. “Se pueden realizar en las sedes de la Asociación o en el teléfono gratuito 900100036, y el plazo está abierto hasta el 4 de abril. La inscripción incluye los traslados en autobús en cada etapa desde Ferrol, A Coruña y Santiago de Compostela, así como un tentempié saludable al final de cada etapa, comida y fiesta de fin de Camiño”. Por motivos de organización, solicítase un depósito de 50 euros, reembolsable ao participar nas 5 etapas.
Ademais, pódese adquirir a ‘Mochila do Peregrino’, por 15 euros, que inclúe mochila, gorro e poncho, ata fin de existencias.
Para facer máis divertida a peregrinación, a risa e a música formarán parte de tódalas etapas, nas que haberá sorpresas e convidados especiais que se irán desvelando conforme se vaia realizando o percorrido.
Programa das etapas:
En total serán 5 etapas que suman 171.119 pasos. A primeira será o sábado 6 de abril entre Ferrol e Neda (14 kms), continuando o sábado 13 de abril entre Neda e Pontedeume (13 kms). A terceira etapa, o sábado 20 de abril, conectará Miño e Betanzos (18 kms) para rematar o fin de semana do sábado 27 de abril entre Abegondo e Ordes (18 kms) e o domingo 28 de abril de Formarís a Santiago (8 kms). A Praza do Obradoiro será a meta final, e tódolos participantes recibirán a ‘Compostela’, documento que certifica ter realizado o Camiño de Santiago.