Narón acolle a exposición fotográfica “Anacos”

  • A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acolle dende o vindeiro luns 4 ata o 6 de abril a mostra fotográfica “Anacos”, unha selección de imaxes de espazos naturais de Fernando González Pérez, un apaixoado fotógrafo aficionado cuxo talento foi recoñecido en diferentes concursos.

A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que se poderá ver de luns a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas e tamén os sábados, de 10:00 a 13:00 horas, e animou á cidadanía a achegarse á mesma.

A exposición consta dunhas 25 imaxes impresas en diferentes tamaños, dende 45×30 ata 50×25 centímetros. As fotografías amosan unha mirada persoal de diferentes espazos naturais. Nado na Estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González forxou a súa traxectoria no ámbito da fotografía realizando diversos cursos, do estudo de libros sobre fotografía e de tutoriais en liña, sempre co obxectivo de perfeccionar a súa arte.

Foi galardoado co primeiro premio no “Concurso de fotografía 2023 do Concello da Capela” e no “Primeiro memorial de fotografía de Carlos Caraglia”, onde compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais.

González Pérez é ademáis membro activo do Club de Fotografía Ferrolterra.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …