“A provincia que sabe” conquista ao público profesional de Donostia

O emblemático hotel donostiarra “Nobu” foi onte o esceario de presentación de “A provincia que sabe” nunha xornada na que a Deputación da Coruña exhibiu a riqueza turística e gastronómica da provincia, da man de diferentes produtores locais e do restaurante Balarés, de Ponteceso, que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal.

A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia.

Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que aportou os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento.

Os produtores salientaron a gran oportunidade que supón para eles poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia.

“Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca”, apuntou o vicepresidente. “Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo”

Lea también

A Diputación da Coruña financia campañas de dinamización de comercio

A Deputación da Coruña financia con preto de medio millón de euros actividades de promoción …