Valdoviño celebra o Día de Rosalía co contacontos de Trémola “Historias Soñadas”

O Concello de Valdoviño festexará o Día de Rosalía cun contacontos teatralizado da compañía Trémola dirixido aos máis pequenos da casa, nenos a partir de 2 anos.

Será este domingo 25 de febreiro, a partir das 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, con entrada libre e de balde.

Baixo o título «Historias Soñadas», Trémola ofrecerá un espectáculo creado a partir dos textos e retazos da vida de Rosalía de Castro. Mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes da literatura e cultura galegas.

Lea también

Galeatro abrirá el próximo 21 de agosto en Muxía el proyecto ‘Os Muíños no camiño’

Galeatro lanza este mes su proyecto ‘Os muíños no camiño’, una iniciativa que mezcla las …