Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol pediu este venres as veciños e veciñas, nun último reparto de campaña polas rúas da cidade, a oportunidade «para que este 18 de febreiro fagamos historia, cun novo proxecto que mire ao futuro desde a confianza en todo o que somos como pobo e como cidade e abrir así un tempo novo para construír o mellor Ferrol e a mellor Galiza».
Rivas asegurou que «este 18 de febreiro non só pode mudar o goberno dos próximos 4 anos na Xunta. O 18F pode mudar a historia e o futuro deste país co primeiro goberno verdadeiramente galego dirixido polo BNG e por unha muller». «Por iso pediu humildemente aos veciños e veciñas de Ferrol que este 18 de febreiro voten ao BNG con ganas e ilusión para que este cambio, o 19 de febreiro, sexa realidade».