Unha unidade de ADOS desprázase a Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro martes e mércores, días 20 e 21, na cidade de Narón, concretamente nas inmediacións do centro de saúde.

O vehículo permanecerá operativo en ambas xornadas en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el Campeonato Gallego

El  pasado sábado a jornada completa compitieron las más jóvenes de Arco Recurvo y las …