ARCE realiza labores de limpeza na contorna da ermida de San Antonio de Corveiro

A asociación ARCE, de Amigos dos Ríos de Cedeira, levou a cabo o pasado sábado unha nova limpeza, desta volta na contorna da ermida de San Antonio de Corveiro

Segundo explicou Camilo Casal, o presidente da entidade, recolléronse moitos vidros e plásticos, fundamentalmente, pero tamén voluminosos como un colchón, restos de uralita ou algún moble, nun punto algo máis afastado da capela que se estaba a empregar como un vertedoiro incontrolado.

A asociación ARCE emprendeu o pasado mes, na praia da Madalena unha campaña de limpezas en diferentes espazos naturais do concello de Cedeira coas que, ademáis de retirar lixo, quere sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente e facer unha correcta xestión dos residuos.

Lea también

Noventa niños participan en el campamento Neda concilia

El Ayuntamiento de Neda ha puesto en marcha este lunes el campamento de verano “Neda …