A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no screening de Áurega e o Centro Ayalga

 
A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse á Biblioteca municipal para asistir ao screening realizado no centro pola asociación Áurega e o Centro de acompañamento Ayalga, pilar fundamental en España no estudo das altas capacidades intelectuais.
 
Algo máis de medio centenar de nais e fillas socias de Áurega, cun varón de alta capacidade participaron nesta convocatoria.
 
Os posibles cambios na vida dunha persoa de saber que ten alta capacidade, o feito de cambiar ou non a educación das fillas sabendo que teñen alta capacidade… foron algunhas das cuestións abordadas na convocatoria polos integrantes de Áurega e do centro Ayalga, “establecendo nos seus obxectivos de traballo de campo sobresaír á muller con alta capacidade, oculta polo sistema escolar e social”, tal e como indicaron.
 
Dende a organización explicaron ademáis que “fixar o talento nas distintas comunidades autónomas, definir políticas de recaptación deste talento, presionar ao sistema escolar, instalar evaluacións sistemáticas nos centros e dotar de ferramentas de avaliacións actualizadas e formación continua aos equipos de orientación e profesorado” forman parte dos seus reclamos.
 
A finalidade, recalcaron, é acadar un benestar emocional para os nenos e nenas e as súas familias. A rexedora local, que destacou o traballo que realiza a asociación Áurega, acudiu ao peche da xornada de onte e aproveitou a visita para reiterarlle aos representantes da entidade o compromiso do goberno local coas altas capacidades.
 
Este compromiso inclúe dende o Concello un convenio de colaboración económica coa entidade, en vigor dende hai varios anos.
 
O Auditorio municipal de Narón acollerá o vindeiro 9 de febrero o acto de presentación do screening realizado na Biblioteca municipal.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …