A Oficina de Turismo de Pontedeume recibiu case 28.000 visitas en 2023

A Oficina de Turismo do Concello de Pontedeume vén de facer balance dos resultados obtidos no pasado ano 2023, nos que recibiu case 28.000 visitantes. A esta cifra hai que sumar os 3.830 visitantes recibidos polo castelo de Andrade.

«Estas cifras confirman a tendencia ascendente do turismo local nos últimos anos, incrementándose as cifras en máis dun 2% respecto ao ano anterior», sinalou Ángela Piñeiro, concelleira de Turismo de Pontedeume.

«Esta tendencia ascendente reflicte a aposta deste goberno pola promoción turística realizada a través dos medios de comunicación, feiras e actividades», recalcou Piñeiro.

A concelleira agradeceu en nome de todo o Goberno local «o interese de todas e todos en coñecer o patrimonio histórico, artístico e natural de Pontedeume, así como a participación nas diferentes visitas guiadas que se realizaron ao longo do ano no Centro de Interpretación dos Andrade».

Por outra banda, neste 2024 comenzaron xa as actividades, charlas e visitas guiadas destinadas á difusión do patrimonio municipal nos centros educativos.

O alumnado do CEIP Andrade puido xa desfrutar da charla «Educando en patrimonio» impartida polo persoal da Oficina de Turismo, onde se achegaron ao alumnado conceptos fundamentais sobre patrimonio, a súa relevancia ou o por qué da importancia da súa conservación.

Lea también

Abierto el plazo para participar en la VIII Carrera escolar Concello de Neda

Ya están en marcha los preparativos para la octava edición de la Carrera Escolar de …