As farmacias de Valdoviño súmanse á rede de puntos violeta

Deste xeito, a Farmacia Casariego e Farmacia Portela Romero en Valdoviño; a Farmacia Covadonga Gutiérrez Rodríguez-Moldes en Sequeiro e a Farmacia de Meirás adquiren a condición de punto violeta nun mapa no que xa figuraban o centro de saúde, a casa da cultura, as oficinas da Policía Local, centro sociocomunitario, cooperativas, Librería Xeila e departamento de Servizos Sociais.

As farmacias de Valdoviño súmanse á rede de puntos violeta no municipio, espazos seguros para a muller a onde pode acudir en caso de sentirse acosada ou ser vítima de agresións, e onde dirixirse para trasladar esa agresión. 

Dende esta semana están identificadas con carteis e un código QR que dá acceso a información sobre os pasos a dar ante unha situación de violencia de xénero.

Ademais, aqueles establecementos comerciais e negocios que desexen sumarse, poden contactar con Servizos Sociais no 981 48 70 41 ext. 5, onde os informarán sobre os trámites a realizar

Lea también

La unidad móvil de donación de sangre estará el próximo martes delante de la Casa de la Cultura de Neda

Una unidad móvil de la Agencia de Donación de Órganos y Sangre (ADOS) se desplazará …