Aberta a inscrición para a carreira popular IX San Silvestre-Concello de Fene ´23

As persoas que desexen anotarse poden facelo até o 24 de decembro ás 23.59 horas a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.

A inscrición será gratuíta para todas as categorías de menores e andaina e terá un custo de 3€ para os participantes da carreira Absoluta.

A proba terá lugar o sábado 30 de decembro de 2023 a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello).

Poderán participar todos os atletas que o desexen, estean federados/as ou non, atendendo ás seguintes categorías: Biberóns (ano de nacemento 2019), Pitufos (2018), Sub 8 (2016-17), Sub 10 (2014-15), Sub 12 (2012-13), Sub 14 (2010-11), Sub 16 (2008-09), Sub 18 (2006-07), Absoluta (2005 e anteriores) e Andaina (todas as idades).

Unha vez formalizada a inscrición, os participantes deberán retirar o dorsal-chip o venres 29 de decembro no Salón de Plenos do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González)) en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 horas.

Excepcionalmente, no caso de non ser posible a súa recollida o día 30, poderase recoller tamén o sábado 30 no salón de Plenos do Concello, de 15:30 a 16:30 h.

As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas (os horarios de saída son aproximados):

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

17:00

5.000 m.

SUB 18 / SUB 16

17:45

2.500 m.

ANDAINA

17:55- 18:20 

2.500 m.

BIBERÓNS

18:30

50 m.

PITUFOS

18:45

100 m.

SUB 8

19:00

200 m.

SUB 10

19:15

400 m.

SUB 12

19:30

800 m.

SUB 14

19:45

1.200 m.

Os  participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas.

Por outro lado, nas carreiras de menores, “pitufos” e biberóns”, poderán establecerse quendas de 10 participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos participantes.

En canto aos premios, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo.

Tódolos participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.

A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.

Para máis información contactar co número de tlf.: 981 340 366

Lea también

Fene acolle o XX Slalom Scratch

O evento se celebra este sábado 23 de novembro no circuíto urbano de San Valentín. …