Corenta e oito equipos e medio milleiro de atletas presentes no Trofeo ABANCA

Como cada ano a gran cita das categorías de promoción do deporte en pista cuberta, o Trofeo ABANCA, regresará ao sintético de Expourense este domingo día 3 de decembro en xornada de mañá e tarde.

Desta vez son un total de corenta e oito equipos equipos os que tomarán parte nesta auténtica festa do atletismo base, baixo a atenta mirada dun importante número de adestradoras e técnicos quenes estarán atendendo e acompañando aos preto de medio milleiro de atletas inscritos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Nesta décima primeira edición as entidades da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e a do Atletismo Narón, presentan conxuntos no total das seis categorías posibles, destacando de igual modo o equipo do ADAS CUPA con cinco equipos e os conxuntos da Atlética Lucense, C.D. La Purísima, Ourense Atletismo, e Atletismo Sada con catro equipos clasificados

As probas oficiais nas que se tomará parte en función das distintas idades serán:

Categoría Sub10: 50 m., 500 m.,1.000 m., altura, lonxitude e peso

Categoría Sub12: 60 m., 500 m., 1.000 m., altura, lonxitude e peso

Categoría Sub14: 60 m., 500 m., 1.000 m., 2.000 m., 60 valos, altura, pértega, lonxitude, triplo e peso

Aprendizaxe e promoción

O Trofeo de pista cuberta ABANCA ten como filosofía a promoción e a aprendizaxe da actividade atlética entre as categorías máis inferiores do atletismo galego, sendo un dos seus obxectivos o fomento dos valores fundamentais do deporte a través dun sistema de competición por equipos no que se misturan os resultados colectivos sobre a base dos individuais.

O Vila de Cangas, o máis premiado

Ao longo destas dez edicións disputadas, das que tan só se deixou de celebrar no 2020 pola situación pandémica existente, o club que máis triunfos suma  é o Atletismo Vila de Cangas cun total de dez títulos, seguido polo Ourense Atletismo e ADAS CUPA con oito e do Atletismo Narón e Sociedad Gimnástica con catro.

Consultar aquí o Horario

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …