Setestrelo presenta na SAPG do Seixo (Mugardos) o espectáculo «O Camiño»

A formación musical de Fene presenta un espectáculo que reúne fotografía, vídeo, artes escénicas, canto e música.

O grupo de música tradicional Setestrelo presenta este sábado 2 dous de decembro na SAPG do Seixo (Mugardos) o seu espectáculo «O Camiño» un percorrido polas diversas rutas xacobeas, levado a escena cunha combinación de fotografía, vídeo, presentación teatralizada, canto e música.

Setestrelo pretende levar ao publico a fantasía de facer o Camiño de Santiago desde a súa butaca e pór en valor a música tradicional. Con ese fin, interpretan pezas tanto das zonas por onde transcorren os camiños como das súas áreas de influencia, músicas de autor e temas compostos  para ese camiño en concreto.

A entrada é gratuíta até completar aforamento. A función comezará ás 19.00 horas.

Lea también

Neda acolle a presentación do último número de “Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid”

A Casa das palmeiras será escenario o vindeiro martes, 25 de agosto, a partir das …