A Biblioteca de Narón acollerá a presentación do libro “Las tribulaciones de Bruno Lamas”, de Juan Galán

O escritor Juan Galán presentará o vindeiro mércores 29, o seu libro “Las tribulaciones de Bruno Lamas” na sala multiusos da planta soto da Biblioteca municipal de Narón acompañado pola tamén escritora María Isabel Ramos.

Juan Galán presentará en Narón unha novela protagonizada por Bruno Lamas, un antiheroe machista e mentiroso que por azar acaba sendo confidente da Brigada Político Social, a policía do réxime franquista.

O autor do libro comezou a súa carreira literaria coa publicación no ano 2021 da novela histórica “Romanza de los naranjos en flor” (Editorial Letrame), unha obra ben documentada que aborda o tema dos campos de concentración  e a represión dos republicanos en Galicia durante a Guerra Civil.

A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:30 horas e estará aberto á cidadanía en xeral, ata completar a capacidade da sala. Ao remate da presentación da obra haberá unha tertulia e tamén se  poderán adquirir exemplares da obra.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …