Valdoviño celebra o Día Internacional da Música cun ciclo de concertos

Coa vista posta na celebración este mércores do Día Internacional da Música, a Concellería de Cultura de Valdoviño organiza ao longo desta semana un ciclo de concertos para o alumnado dos coles de Concello.

Arrancará este martes día 21 no auditorio municipal, cos cursos de Infantil e Primaria do CPI Atios e escolas unitarias do CRA O Esquío. Todos eles e elas están convidados ao espectáculo de Migallas TeatroCantaxoga”, que chega ao noso municipio co da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O ciclo trasladarase o mércores 22 ás instalacións da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Alí, a compañía A Cova das Letras ofrecerá a súa función “Son no berce” para os máis pequenos e pequenas da casa.

Así mesmo, o xoves 23, o ciclo regresará ao auditorio co concerto “Onda sonora” do rapeiro galego García MC. Tamén co apoio da Rede cultural da Deputación da Coruña, a súa proposta está dirixida ao alumnado dos cursos da ESO do CPI Atios. E pechando o ciclo, o Concello convida aos/as estudantes dos últimos cursos de Primaria do CPI Atios ao recital “Musiclasiconto” con Ensamble Iulius XIII, tamén no auditorio.

Lea también

Setestrelo presenta na SAPG do Seixo (Mugardos) o espectáculo «O Camiño»

A formación musical de Fene presenta un espectáculo que reúne fotografía, vídeo, artes escénicas, canto …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *