As Somozas investirá máis de 115.000 euros nas obras de construción da senda peonil que une A Toca con Pena de Eiriz

O Concello das Somozas investirá máis de 115.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-861 da Toca, que conformará o último tramo e a unión entre a senda da Toca e a senda de Pena de Eiriz.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e para a instalación de luminarias e iluminación pública. A actuación tamén recolle a instalación dunha varanda en aceiro inoxidable para optimizar e reforzar a seguridade viaria.

O alcalde, Juan Alonso, subliña “a importancia que teñen estas intervencións para seguir mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e facilitando o día a día da nosa veciñanza e dos turistas que se acheguen á nosa Vila».

Lea también

As Pontes mejorará la red de saneamiento en su casco histórico

El Ayuntamiento de As Pontes ha previsto acometer la mejora de la red de saneamiento …