El Speis de Narón realizou numerosas intervencións provocadas pola borrasca Ciarán

Foron numerosas as intervencións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón durante a xornada de onte e nesta madrugada debido á borrasca Ciarán. Os bombeiros de Narón realizaron saídas para atender varias situacións:
 
-17:53 horas: Un accidente por unha saída de vía na AG-64, onde envorcou á altura da parroquia naronesa de Sedes.
-21:30 horas: Saída pola caída dunha árbore nunha pista da parroquia de Castro
-21.30 horas: Saída por movemento de contenedores en vías públicas: rúa Bernardo Romero e FE-12
-23:03 horas: Saída por unha árbore caída na FE-12, de grandes dimensións e que obstaculizaba a circulación rodada
-23:30 horas: Saída por unha árbore caída na zona de Río Seco, en dirección a San Pedro de Leixa
-23:53 horas: Retirada de dúas árbores na Presa do Rei
-00:30 horas: Retirada dunha árbore en Pedroso
-01:30 horas: Retirada dunha árbore no Vilar
-01:45 horas: Inspección dunha árbore sobre tendido eléctrico público
-04:50 horas: Retirada dunha árbore na avenida Bernardo Romero, no polígono de Río do Pozo.
 
Xa ás 07:08 horas a área operativa realizou unha decena de servizos, dos que nove foron ocasionados pola borrasca Ciarán. Dende o SPEIS de Narón activouse o plan de reforzos na xornada de onte, en previsión do incremento de saídas ao longo da xornada.
Ao longo deste xoves mantense o reforzo en previsión de actuacións derivadas dos efectos residuais do temporal, polo que traballarán un total de oito efectivos.
 

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el Campeonato Gallego

El  pasado sábado a jornada completa compitieron las más jóvenes de Arco Recurvo y las …