Neda acolle a exposición itinerante “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”

A exposición guiada, de temática ambiental, “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” chega este venres, 27 de outubro, a Neda. A Casa da Cultura acollerá nesa xornada o proxecto itinerante co que a Asociación Amabul busca concienciar sobre a problemática que representa a flora exótica para a biodiversidade galega. A cita será terá lugar a partir das 20 horas.

A visita comentada polos distintos paneis desta mostra busca sensibilizar e motivar unha acción responsable da veciñanza fronte ás “invasións biolóxicas” provocadas pola flora alóctona (moitas veces rechamante), con especial atención ao impacto que ten esta presencia no curso medio dos ríos galegos.

Así, ao longo do “percorrido” expositivo, poñerase o foco nos métodos e estratexias de invasión destas especies, e o impacto ambiental das plantas exóticas invasoras, cun gran poder para cambiar os hábitats e, por tanto nunha ameaza para a diversidade. Ademais farase repaso das especies con maior presenza nos ecosistemas fluviais e preforestais da nosa terra e, finalmente, abordaranse as posibles estratexias de prevención, control e eliminación que existen.

A mostra, financiada pola Deputación de A Coruña, busca en definitiva, achegar á cidadanía os principais aspectos relacionados con esta problemática, promovendo a crítica reflexiva e propiciando comportamentos máis responsables.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …