O BNG de Ferrol solicita no pleno unha solución para o transporte público

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que «a situación do transporte público na cidade é dramática e lembrou que se trata dun servizo de prestación obrigatoria por parte dos concellos de máis de 50.000 habitantes como é o noso»

Así mesmo indicou que «a situación do transporte público non é só un problema de mobilidade senón que ademais é un problema laboral, económico e medioambiental»

«É un problema laboral e educativo dado que a carencia de servizos e frecuencias limita as posibilidades de acceso da veciñanza a centros de traballo e educativos ademais de ter que invertir, no mellor dos casos, tempos excesivos para chegar até o lugar de desprazamento».

«Por outra parte a precariedade do transporte público tense convertido tamén nun problema económico derivado dos custes asociados ao transporte particular, tanto de combustible como de peaxes, que cada vez supoñen un importe maior. É por último a ausencia de transporte público estase a convertir nun grave problema medioambiental nun contexto no que o transporte por estrada xera o 26,9% das emisións de gases efecto invernadoiro do estado»

«Por estas razón compre que as administracións responsables asuman a necesidade de darlle unha solución inmediata aos problemas do transporte público nunha cidade na que ao illamento ferroviario se lle une a precariedade do transporte por estrada»

«Compre que tanto a Xunta de Galicia como o concello de Ferrol asuman as súas responsabilidades e destinen o seus esforzos a resolver os problemas reais d transporte na cidade para deixar de lado a frivolidade de anunciarnos estacións intermodais cando o transporte tanto ferroviario como por estrada é no mellor dos casos deficitario e cando non destinan un só euro dos seus orzamentos a resolver os problemas de mobildade na cidade e comarca»

Por este motivo desde o BNG «demandamos da Xunta de Galicia o reforzo dos servizos de transporte ferroviarios e por estrada de saída da cidade e do Concello de Ferrol o desenvolvemento dun servizo de transporte urbano complementario ao actual até acadar a xestión propia do mesmo»

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …