A Deputación subvenciona 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña aproba a concesión de 566.386,78 euros para subvencionar a 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades locais de toda a provincia durante o ano 2023.

A Carballeira de Zas, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña (S8), o FIOT, o Atlantic Pride, o Feito a Man ou o Intersección son alguns dos festivais que recibirán as subvencións.

Este apoio por parte da entidade provincial enmárcase no obxectivo do departamento de Cultura de promover os festivais como vehículo de difusión da cultura galega entre os públicos máis novos. “Para nós é fundamental promocionar este tipo de iniciativas que non so reivindican a cultura nas súas diferentes expresións, senon que, ademais, celebran a diversidade e contribúen á creación de riqueza socioeconómica na nosa contorna” destaca a delegada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez.

En 2022 accederan a esta liña de subvencións 24 festivais organizados polos concellos e entidades locais, que recibiran 549.993,17 €. A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de outubro e poden consultarse e descargarse nesta ligazón.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …