Actividade: “Día sen coches”. Na Avenida Cataluña (A Gándara), Dende as 9.30 ata as 13.30 horas e pola tarde dende as 16.30 ata as 23.00 horas.
O Concello conmemora con varias actividades a Semana Europea da Mobilidade. Cortarase ao tráfico rodado a avenida Cataluña (tamén na xornada do sábado). Mañá haberá actividades deportivas, culturais, obradoiros, agasallos… con propostas abertas á cidadanía a partir das 16.30 horas. Instalarase na zona un toldo informativo sobre actuacións de mobilidade sostible que se executan en Narón.
Actividade: “Joaquín”. No Centro Cívico Social da Gándara, ás 19.00 horas. O centro cívico social da Gándara acollerá un dos espectáculos que esta fin de semana se desenvolven na cidade no marco do V Festival Internacional Entes Animados, organizado por oito concellos, entre eles o de Narón, e no que participan compañías lusas, italianas e de Alemaña. A entrada é de balde.
Actividade: “O medo é libre”. Na Biblioteca municipal, ás 19.30 horas. O Concello organiza este contacontos para público adulto (a partir de 14 anos) a cargo da narradora oral Ángeles Goás. A asistencia é de balde. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do programa “Ler conta moito”.
Sábado 23 de setembro de 2023
Actividade: “Arlequiniadas”. No Centro Cívico Social de San Xiao, ás 16.30 horas. O espectáculo enmárcase no V Festival Internacional Entes Animados, organizado por oito concellos, entre eles o de Narón, e no que participan compañías lusas, italianas e de Alemaña. A entrada é de balde.
Actividade: “Antón, o rato do circo”. No Centro Cívico Social do Couto, ás 16.30 horas. O espectáculo enmárcase no V Festival Internacional Entes Animados, organizado por oito concellos, entre eles o de Narón, e no que participan compañías lusas, italianas e de Alemaña. A entrada é de balde.
Actividade: “Chungo”
No Pazo da Cultura, ás 20.00 horas (primeiro pase, con entradas esgotadas) 22.00 (segundo pase). O cómico galego Luis Zahera protagoniza este monólogo, no que repasará a súa carreira e anécdotas da súa vida persoal e profesional.
Domingo 24 de setembro de 2023
Actividade: “O pitiño lambón”. No Centro Cívico Social do Val, ás 12.00 horas. O espectáculo enmárcase no V Festival Internacional Entes Animados, organizado por oito concellos, entre eles o de Narón, e no que participan compañías lusas, italianas e de Alemaña. A entrada é de balde.
Actividade: “O secreto do Río”. No local da Sociedade Cultural A Pombiña (Pedroso), ás 17.00 horas. O espectáculo enmárcase no V Festival Internacional Entes Animados, organizado por oito concellos, entre eles o de Narón, e no que participan compañías lusas, italianas e de Alemaña. A entrada é de balde.