Cedeira programa la última actuación del ciclo «Cantos e Contos ao Solpor»

A praza do Pazo de Moscoso acollerá este sábado día 23, ás 20.00 horas, o espectáculo musical de Xoán Curiel “Treides comigo”.

O Concello de Cedeira suma este sábado un espectáculo máis ao ciclo de “Cantos e contos ao solpor”, un programa clásico no tránsito do verán ao outono na localidade, que xa viaxou nas pasadas semanas polas parroquias de Régoa, Cervo e San Román. Desta volta o polifacético artista Xoán Curiel leva ata a praza do Pazo de Moscoso o espectáculo musical “Treides comigo”; E en caso de choiva a función trasladarase ao Auditorio Municipal.

Xoán Curiel (Fonsagrada, 1975) é un cantante, músico e actor profesional, cunha ampla experiencia como compositor, letrista, director artístico e teatral. Na súa carreira como músico e letrista móvese na innovación e na mistura de estilos dentro da canción de autor e as músicas do mundo.

“Treides comigo” é o seu sétimo traballo discográfico. Nel fai unha lectura contemporánea das obras medievais compostas polos trovadores galegos e portugueses. Xunto con Xoán Curiel, á guitarra e voz, actúan Iria Estévez (voz), Bleuenn LeFriec (arpa Clásica), Carlos Freire (percusión), Virginia Lis (clarinete) e Alex Salgueiro (flautas e clavicordio).

Lea también

Ferrol edita 7.000 ejemplares turísticos para promocionar las actividades de la ciudad en la Semana Santa

La guía turística de actividades de la Semana Santa de Ferrol en este 2026 ya …