O BNG de Narón organiza actos abertos no Val e Doso esta semana

O BNG de Narón, despois dun acto multitudinario no barrio da Gándara coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón; e Néstor Rego, deputado no congreso continúa explicando aos veciños mediante repartos e actos abertos por todo Narón.

O luns 17 realizou un encontro aberto na parroquia do Val e este martes 18 de xullo fará o mesmo na parroquia de Doso ás 20:30h diante do local social.

Nos encontros interbeñen a portavoz municipal, Olaia Ledo (que é tamén membro da executiva nacional do BNG) e o deputado do parlamento galego, Mon Fernández. Bea Mosquera no Val e Geno Carballeira en Doso completan o cartel.

Os encontros enmárcanse nunha campaña “na que somos a única forza que estamos a pé de rúa, nós entendemos que a política ten que ser a ferramenta para mellorar a vida da sociedade e para iso temos que falar e escoitar; iso non o ten ningún plató televisivo” indica Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón

“Fixemos historia nas galegas e nas municipais e sabemos que Narón vai responder para que Galiza teña un grupo galego forte que nos defenda en Madrid como galegos” defende nos actos Ledo

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …