A vixésimo terceira edición da Festa da ameixa rubia celebrarase os días 15 e 16 deste mes no paseo marítimo de Xuvia
Así o anunciaron as edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Olga Ameneiro, respectivamente, que presentaron a programación da convocatoria xunto con Patricia Romero, vogal da AVV Altea, da citada parroquia.
Na xornada do sábado terán lugar unha serie de concertos, que comezarán ás 22.30 horas co grupo Blackyack e continuarán ás 23.40 con Mr. Karmándula e ás 00.40 con Superoito.
O domingo 16 a festa comezará pola mañá, cunha sesión vermú de 13.00 a 15.00 e un xantar a partir das 15.00 horas cun menú a base de ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares. Os tickets poderán adquirirse na cafetería da AVV Altea, ou chamando para reservarlos ao número de teléfono 981 393 561.
Tralo xantar haberá música de novo a partir das 17.00 horas e previamente, de 16.00 a 18.00 xogos tradicionais. A música continuará de 18.00 a 19.00 horas co concerto de Brais das Hortas e ás 19.00 será a xa tradicional Festa da escuma, tal e como avanzaron dende a organización.
Dende o Concello e a AVV Altea animouse á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta festa, para desfrutar da música, dos xogos e, como non, dun dos produtos máis característicos e apreciados da nosa ría, a ameixa rubia.