Diante do Bambú Club, “o símbolo das políticas do PP: as do abandono e demolición do Estado de Benestar”, a candidata número 3 ao Parlamento Galego, Beatriz Sestayo, ofreceu unha rolda de prensa para anunciar as medidas socialistas en materia de vivenda. Como destacou Sestayo, os Gobernos de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo castigaron con especial dureza aos cidadáns á hora de poder acceder a unha vivenda digna e, como exemplo, citou a eliminación por parte do Partido Popular das axudas á emancipación para mozos e mozas, “o que obrigou a moitos a vivir de novo cos seu pais”.
“O PSOE aposta pola posta en marcha de políticas públicas que garantan o acceso á vivenda das persoas con maiores dificultades e menos renda”, manifestou a candidata, que se comprometeu, por unha banda, a recuperar o Plan de Vivenda para a mocidade –afirmou que o PSdeG, se goberna despois dos comicios do 21, adicará unha porcentaxe de toda a vivenda pública á mocidade- e, por outra, a poñer a disposición da cidadanía a vivenda pública que teñen en patrimonio as administracións públicas. “É inconcebible que a diario cidadáns se vexan desaloxados das súas casas por non poder pagala mentres temos moitísimas vivendas públicas baleiras”, subliñou Sestayo, que no caso de Ferrol citou os casos dos barrios de Recimil e de Caranza.
Sobre Recimil, a tamén secretaria xeral dos socialistas ferroláns lembrou unha das propostas na que xa traballara durante a súa etapa como concelleira de Benestar en Ferrol e que agora recupera como iniciativa a poñer en marcha en colaboración entre as Administracións local e autonómica. Nomeadamente, a candidata referiuse á necesidade, mentres que non se constrúe unha residencia universitaria, de adicar un bloque deste barrio de titularidade municipal a vivenda de aluguer para estudantes –esta proposta foi dada a coñecer a pasada semana na reunión que a propia Sestayo mantivo coa vicerrectora, Araceli Torres-, o que permitiría, por unha banda, consolidar a poboación universitaria na cidade, ao tempo que Ferrol pasaría a ser unha cidade atrativa para os estudantes, “e non ao revés, que é o que está a ocurrir pola nefasta política de Feijóo no eido universitario e no relativo a vivenda”.
Ademais, Beatriz Sestayo falou da importancia de consolidar outras iniciativas xa iniciadas durante o Goberno de Touriño pero paralizadas ou directamente anuladas polo Partido Popular nestes últimos anos. A este respecto, citou o proxecto interxeracional de vivenda, consistente na posta a disposición de pisos de aluguer por parte da administración a prezos moi baixos para compartir entre mozos e maiores, como o que fixera o Executivo socialista no barrio de Telleiras. “Tivo que pasar toda a lexislatura de Feijóo e poñernos en época electoral para que se licitaran os alugueres deste bloque construido e rematado hai catro anos por Emilio Pérez Touriño”, dixo a candidata, que lamentou que “é inconcebible, e éticamente reprochable, que o PP teña deixado baleiros e sen adxudicar durante este mandato pisos públicos, algúns deles de nova construcción, mentres os mozos e mozas teñen que regresar cos seus pais porque carecen de recursos e axudas públicas para acceder á vivenda, e as persoas con menos recursos non poden facer fronte aos pagos das súas vivendas e teñen que vivir, literalmente, nas rúas ou en centros de acollida”.
Finalmente, Sestayo lembrou o compromiso do PSdeG-PSOE coa rehabilitación dos cascos históricos como ferramenta fundamental para a mellora e humanización das cidades. “Fronte ás políticas de burbulla inmboliaria do PP, nós apostamos pola rehabilitación e humanización dos barrios a través de políticas públicas”, indicou a número tres da candidatura socialista, para a que o barrio de Recimil exemplifica á perfección o que fai o Partido Popular coa vivenda. “Se á dereita nesta cidade non se lle pararan os pés no seu día e, tal e como defendían, tiveran levado a cabo a demolición deste barrio, cantas vivendas teriamos hoxe paralizadas no centro da cidade?”, preguntouse Sestayo, que aproveitou a ocasión para denunciar a situación de “abandono total” de Recimil, no que o PP deixou sen gastar unha partida de 400.000 euros para rehabilitar o edificio do Bambú Club e tomalo como exemplo para a reforma integral do resto do barrio.
“Pasa o tempo e o Partido Popular non so deixa sen gastar esta partida, senón que non busca ningunha solución e alternativa ao cada vez maior deterioro do inmoble”, rematou.
Leyendo todo lo que al parecer ha soltado la Sr Sestayo frente a la ruina del edificio del Bambú Club, da la sensación de que los ferrolanos no hemos vivido la etapa de Gobierno socialista en coalición con IU o en solitario. En ese gobierno estaba esta Señora que hoy día pretende convertirse el » la Mesías» de la izquierda solucionando todos los problemas de Galicia y Ferrol. Verdaderamente en tiempo de elecciones, los discursos mitineros parece que son la panacea universal que cura todas las necesidades y el pueblo halagado aplaude sin recordar que cuando estos mandaban, nada de lo que hoy ofrecen hicieron, muy al contrario llevaron a Galicia a la ruina con su bipartito.