O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou este mércores 24 nun encontro veciñal en Canido no que defendeu que «é preciso implementar na cidade unha nova forma de xestionar os servizos municipais». Iván Rivas indicou que «é o momento de iniciar o camiño da municipalización de servizos municipais»
Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldia de Ferrol, afirmou que «en Ferrol debemos revertir a política de privatizacións e externalizacións de servizos públicos, desenvolvida neste concello. E lembrou que o servizo de recollida de lixo é o contrato máis caro que ten na actualidade o concello, un servizo que leva sen contrato desde o ano 2014 polo que debemos aproveitar esta situación para acometer este proceso de xestión directa»
Así mesmo o BNG considera que «debemos implantar melloras no servizo de recollida de resíduos, apostar por un incremento da reciclaxe co que reducir o volume de lixo que xeramos e que se envia a queimar a Sogama o que nos permitiría abaratar o recibo que pagan os veciños e veciñas de Ferrol por este servizo»
Para o BNG «a xestión directa de servizos públicos, lixo, xardíns, desbroces, deber ser un obxectivo prioritario para calquera goberno municipal, porque si algo queda demostrado tras o paso de diferentes gobernos e anos desenvolvendo estes servizos mediante privatizacións é que os problemas que xeran son cada vez maiores tanto polas condicións laborais dos traballadores como polos déficits nos traballos en si»
Iván Rivas avanzou «o compromiso dun goberno liderado polo BNG pola xestión pública dos servizos municipais»