Este sábado 27 de maio, a asociación cultural Semente Trasancos celebra unha Xornada de Portas Abertas, deseñada para familias interesadas en formar parte da nosa escoliña. O obxetivo é dar a coñecer o seu proxecto de escola rural, con pedagoxía innovadora e en galego, ofrece unha variedade de actividades de balde para crianzas de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos e un xantar-convivio por 10€ o menú.
O programa é o seguinte:
-
11:30 – 12:30: Obradoiro de debuxo con Leandro Lamas: As crianzas poderán desfrutar dun emocionante taller de debuxo dirixido polo talentoso artista local Leandro Lamas. Esta actividade fomentará a expresión artística e o desenvolvemento de habilidades creativas nun ambiente divertido e enriquecedor.
-
12:45: Contacontos Estrafalaria con Atenea García, de Xarope Tulu. Deleitaran coas súas cativadoras historias para pequenas e grandes, combinando naracción oral e manipulación de obxectos para ensinarnos que a diversidade e a tolerancia son as bases dun mundo mellor.
-
14:00: Xantar: Convidan ás familias a unirse para desfrutar dun delicioso xantar. Servirase unha opción de menú que inclúe paella(con opción vegana), sobremesa e auga ou viño. O custo do menú é de 10 euros por persoa.
-
16:30: Actuación de Fredi co seu espectáculo Circanelo: Unha actuación chea de risas e sorpresas! O talentoso clown Fredi, presentará un espectáculo circense que fará rir e emocionar a toda a familia
-
18:00: Obradoiro de creación de chapas personalizadas: As persoas participantes poderán expresar a súa creatividade e levar a casa chapas personalizada como lembranza deste día especial. Un obradoiro divertido que lles permitirá dar liberdade á súa imaxinación.