Xosé Ferreiro
O equipo pontés de fútbol sala do O Esteo certificou a súa estancia unha campaña máis na Segunda División «B» do fútbol sala español, na que será a súa undécima campaña consecutiva desde 2013.
Marcharon ao descanso 2-0 os de Senén nos últimos minutos cun tanto de Troncho e outro desafortunado, e na segunda metade aguantaron as embestidas burgalesas, ata que con porteiro xogador marcou Troncho de vaselina, e Héctor desmarcado diante de Javier, mentres que recurtou distancias para os visitantes Pablo só dentro da área.
Coma queira que no Lugo Sala-Sala Ourense os locais tamén gañaron 4-1, os ponteses, undécimos, suman 36 puntos e cinco de marxe sobre o cuarto pola cola, o equipo ourensán, polo que faltando unha xornada na que visitarán ao Guardo xa están salvados.
Moito mérito do equipo dirixido por Senén e Fran dado que o cadro pontés si se pode considerar de servicios mínimos, nas últimas semanas con apenas seis xogadores do primeiro plantel, e hoxe eran cinco, axudados polo xuvenil Sergio Cabarcos, os que lograron o obxetivo.
O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Troncho – Sergio.
CD Juventud del Círculo: Javier, Ismael, Javier, Oliver, Pablo – Daniel, Israel, Pablo.
Goles: 1-0, Troncho (15´), 2-0, Ismael, propia meta (19´). 3-0, Troncho (35´), 3-1, Pablo (37´), 4-1, Héctor (39´).
Incidencias. Amarelas a Troncho e Oliver. Uns 200 espectadores no Pavillón Municipal.