A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza en Narón un obradoiro de empalletado

A asociación cultural Vai Rañala Meu! organiza este sábado 1 de abril un obradoiro de empalletado e construción de pallóns de cana dirixido ós gaiteiros que queiran coñecer o coidado e manexo da parte máis fundamental do nos instrumento.

O obradoiro que terá unha duración de 5 horas, iniciarase ás 16:00 h. no Centro Cívico Social de Sedes e será impartido polo gaiteiro e construtor de palletas Rubén Carrera. O alumnado terá que levar unha navalla (tipo Taramundi ou Opinel), unha pedra de asentar e palletas vellas para poder facer as prácticas. Do mesmo xeito, Rubén Carrera amosará a técnica para a construción de pallóns de cana.

O obradoiro ten un custe de matrícula de 30 € e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir máis información no enderezo electrónico vairanhalameu@gmail.com ou no teléfono 616 421 882.

Esta actividade conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

Narón abre prazo de preinscrición en cinco accións formativas dirixidas a persoas desempregadas

O Concello de Narón, vai solicitar á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración o financiamento …