O Esteo logra un empate na reestrea na Fraga

Instante do O Esteo – IES Coruxo | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Tras un ano e dez meses e medio, case dous anos, voltaba a xogar O Esteo no Pavillón da Fraga. Curiosamente fora o último equipo en xogar aló un 16-5-2021 nun O Esteo 2 – Unión Arroyo 3, e o primeiro en estrear o novo pavillón.

Hoxe curiosamente que polo temporal á tarde noite resultaba imposible quitar fotos no Evaristo Puentes, ¿para cando un graderío no desprotexido campo artificial?. Por pedir.

No tocante ao partido, empate 3-3 ante o equipo coruxeiro da magnífica cidade olívica, que unha igualada 5-5 tamén fora o derradeiro resultado dos ponteses na casa ante Segosala, pero entremedias hai que resaltar dous importantes triunfos a domicilio, 5-6 en Pontevedra e 1-5 a semana pasada en Valladolid.

No partido de hoxe podese dar por bo o punto, indo a remolque todo o encontro e sobre todo cos poucos efectivos cos que contaba o conxunto local, cousa habitual por desgraza.

Adiantabanse os vigueses pero sobre a bocina poñía Cokito o 1-1 co que se chegaba ao descanso. No segundo período tras un centro lateral anotaba o seu segundo tanto Iago, pero respondía Troncho tras aproveitar un bo servicio de Jandro.

Este último xogador máximo goleador do equipo foi expulsado por dobre amonestación i en inferioridade tras un mal pase de Xeito aproveitaban os branquivermellos para poñer o 2-3, pero era nun balón morto que lle caeu nos pes a un desmarcado Cokito que non desaproveitaba para facer o 3-3 definitivo.

Os ponteses son duodécimos con 29 puntos, de momento cun colchón de catro puntos, antes de visitar A Estrada, noveno con 32 puntos.

O Esteo: Xeito, Eloy, Héctor, Jhony, Jandro – Cokito, Troncho.

IES Coruxo: Antonio, Cristian, Bruno, Daniel, Alexis – Rodrigo, Pablo, Manuel, Iago, Enrique, Alejandro.

Goles: 0-1, Iago (7´), 1-1, Cokito (19´). 1-2, Iago (30´), 2-2, Troncho (34´), 2-3 Alexis (35´), 3-3, Cokito (37´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Héctor; Adán, Alejandro, Lucas. Expulsado por doble amárela Jandro (33´). Uns 150 espectadores na Fraga.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …