O Esteo suma un novo punto ante Segosala

Instante do O Esteo ante o Segosala | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Non foi o encontro soñado polo O Esteo o deste sábado á tarde no Monte Caxado ante o colista, pero visto o transcurso do encontro pode dar por bo o empate ante un rival directo.

Antes de nada, caprichos do calendario, o feito de facer de local na segunda volta e non na primeira impediu ver a Daniel Ibañes por As Pontes, quen xa estivera nun amistoso co Burela na Fraga en 2016, pero tiña o seu aquel poder ver a un Campión do Mundo, top 20 dos mellores da historia, no coqueto Monte Caxado, pero antes do Nadal marchou a Italia.

Como dicamos O Esteo e ir a remolque este ano son sinónimos, i é que pese a que os locais se adiantaban no marcador tras un saque de banda que un defensa desvía cara á súa porta, os visitantes marcharon 2-5 ao descanso co encontro medio sentenciado.

Tirou de casta o equipo local e cun gran Jonhy poñíanse co 5-5 faltando apenas dous minutos, tempo no que os visitantes sacaron o porteiro-xogador e tiveron dous goles na palma da man, e tamén Troncho, que a porta baleira mandou o balón rozando o pau.

Sen tempo para máis O Esteo rescata un punto insuficiente, pois é quinto pola cola con 22, e do sexto para arriba xa están moi distanciados, e salvo o colista Segosala con 13, Universidade Valladolid 18, Ribeira 19, e Sala Ourense 22, están moi preto e so se vai salvar un.

Trascendental encontro a vindeira semana ante un Leis Pontevedra xa máis desafogado, sétimo con 32 puntos.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Troncho, Jandro – Guillán, Jhony, Paulo, Eloy.

Segosala: Adrián, Álvaro, Eduardo, Javier, Pedro – David, Guillermo, Samuel, Óscar, Pablo, César.

Goles: 1-0, César, pp (4´), 1-1, Pablo (6´), 1-2, César (7´), 1-3, Álvaro (11´), 2-3 Jhony (15´), 2-4, Pablo (17´), 2-5, Eduardo (19´). 3-5, Jhony (26´), 4-5, Guillán (28´), 5-5, Jhony (38´).

Incidencias. Amarela a Javier. Uns 50 espectadores no Monte Caxado.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …