Éxito de participación e público en Narón na “II Carreira e andaina pola igualdade”

A segunda edición da “Carreira e andaina pola Igualdade” organizadas polo Concello de Narón e que se desenvolveron este domingo, día 5 de marzo, na cidade foron un éxito tanto a nivel de participación, cun total de 605 persoas, como de público.

As inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara acolleron a saída e a meta das diferentes probas, e tamén a entrega de medallas e premios da carreira absoluta.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou tamén na andaina xunto a outros representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez. Ás 10.00 horas comezaron a saír os primeiros participantes, das categorías sub 16 e sub 18, que percorreron un tramo de dous quilómetros.

A continuación foron saíndo o resto de categorías: a sub 14 e sub 12 ás 10.15 horas para percorrer quilómetro e medio; a sub 10 ás 10.30, cun tramo de 500 metros e a prebenxamín ás 10.45 horas, con cen metros.

A alcaldesa da cidade foi a encargada de dar o pistoletazo de saída na carreira absoluta, cun tramo de cinco quilómetros e que comezou ás 11.00 horas e cinco minutos máis tarde o edil de Deportes, José Oreona, fixo o propio para marcar o inicio da andaina.

Á chegada dos nenos que participaron recibiron unha medalla de mans de Marián Ferreiro, e os edís Mar Gómez e José Oreona, que tamén entregaron os premios finais ás tres primeiras mulleres e homes que remataron o percorrido das categorías absolutas.

Alejandro Rodríguez Rilo, Esteban Díaz Pérez, ambos do Atletismo Narón, e Antonino Méndez Sánchez, Dalle Gas Running Team, foron os tres mellor clasificados, respectivamente, na categoría masculina e Rebeca Soto Viñas, Atletismo Narón, Begoña Pacio López, O Roxal Running Team, e Helena Peñas González OPA Ferrol Team Running: A muller de maior idade que rematou o percorrido da carreira foi Silvia Sánchez Bascoy, nada no ano 1960.

Ferreiro agradeceu “a gran implicación das nosos veciños e tamén da xente doutros concellos que se achegou a un acto tan importante sobre a igualdade” e tamén o labor de todas as persoas que colaboraron como voluntarios para o bo desenvolvemento da proba, e á Federación Galega de Atletismo.

Lea también

La entidad pública SEPES licita la comercialización de cuatro parcelas de actuación industrial en Narón

SEPES, la Entidad Pública Empresarial de Suelo, adscrita al Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, …