Ampliación en Narón dos horarios de peche da restauración e ocio

O Concello de Narón amplía en dúas horas os horarios de peche dos establecementos de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares) e establecementos de ocio e entretemento (salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo) con carácter ocasional para as festas do Nadal.

A medida estará en vigor unicamente nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro deste ano e 1 e 6 de xaneiro de 2023.

A ampliación só poderá levarse a cabo polos titulares dos establecementos abertos ó público existentes no municipio de Narón e queda supeditada a que eses titulares dispoñan da correspondente licenza municipal de apertura outorgada ou de Declaración responsable para o inicio de actividade, que fora sometida aos medios de intervención administrativa correspondentes con resultado favorable e notificada ós seus titulares.

Lea también

O pavillón das Lagoas acollerá este sábado en Narón a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

O Concello de Narón colabora nesta actividade, na que participarán un total de 115 deportistas …

Un comentario

  1. Buenas noche
    Hace aproximadamente una semana, han colocado propaganda en la fachada una de mis casas.
    He llamado a los responsables y no me ha llamado nadie, sólo la encargada que vendría ella a retirarlos.
    Yo le dije que si aparecen desperfectos en la pintura me la tienen que arreglar y ella no es su función.
    El colocar propaganda en una propiedad privada puede ser castigada con una sanción.
    Puedo aportar fotografías desde que lo colocaron,.