Cortes no subministro de auga en Narón o vindeiro luns na avenida Souto Vizoso

O concelleiro de Servizos do Concello de Narón, Ibán Santalla, informou dun corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma o vindeiro luns, día 24, entre as 9.00 e as 16.00 horas en varias rúas da cidade.

A medida responde á necesidade de reparar unha fuga detectada nun tramo da avenida Souto Vizoso.

O edil indicou que, tal e como trasladou a compañía mixta de augas do Concello, veranse afectadas polos cortes no subministro a avenida Miguel de Cervantes, a zona de As Torres, As Viñas, Cortiña Grande, Camiño de Pasadoiro, o lugar do Castro, o Camiño da Veiga, A Picota, o Camiño do Petouzal, o Camiño do Corveiro e O Souto.

Lea también

Narón súmase coa asociación Curuxa á limpeza de ríos en Galicia organizada por Adega e Proxecto Ríos

O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, e Borja Díaz, técnico en Educación …